InicioSociedadePrisión para dous acusados pola gravación e difusión dun vídeo dunha muller...

Prisión para dous acusados pola gravación e difusión dun vídeo dunha muller mantendo relacións sexuais en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Xulgado do Penal 1 de Lugo condenou a dous homes como autores do delito de revelación e descubrimento de segredos, impóndolles 3 anos e medio e 2 anos de cárcere, respectivamente, pola gravación e difusión dun vídeo no que se vía a unha muller mantendo relacións sexuais.

Os feitos ocorreron nun domicilio de Lugo, onde a muller mantivo relacións sexuais cun home. Outro home que estaba na vivenda, sen que ela o consentira, gravou unhas imaxes que, posteriormente, ensinou a outro home. Ademais, o autor da gravación tamén lle cedeu esas imaxes ao home que mantivera as relacións coa muller e este enviounas a unha terceira persoa.

Por estes feitos, a xuíza condenou ao autor do vídeo e ao home que mantivo as relacións coa muller (e que tamén difundiu as imaxes), como autores dun delito de descubrimento e revelación de segredos.

Ao primeiro deles impúxolle unha pena de 3 anos e medio de cárcere, e ao segundo, a pena de 2 anos de prisión e multa de 2.160 euros. Ademais, ambos deberán indemnizar á vítima en 3.000 euros, polos danos morais (a muller está diagnosticada dun trastorno histriónico da personalidade e os feitos desestabilizárona, aínda que non tivo que ser hospitalizada).

ÚLTIMAS

A Audiencia de Lugo xulgará unha muller por suposta estafa a través de SMS en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo xulgará o vindeiro martes a unha muller para a...

Identificado un grupo de motoristas por circular a gran velocidade por Lugo, un deles a 160 km/h nunha zona de 70

A Garda Civil de Lugo identificou a varios motoristas que circulaban superando "amplamente" os límites de...

A Fundación Reina Sofía realizará unha restauración forestal na Serra do Courel, afectada polos incendios de 2022

A Fundación Reina Sofía anunciou que realizará, en colaboración coa Xunta e a dirección...

O acusado de matar a Cristina Cabo: “Empatizo coa familia”

"Pido perdón polo que fixen, á súa familia e a todas as mulleres". Con...