InicioEconomíaTomé pedirá na FEMP que haxa máis fondos europeos para a mobilidade...

Tomé pedirá na FEMP que haxa máis fondos europeos para a mobilidade rural

Tomé Roca foi elixido para formar parte da Comisión Permanente, que a conforman 18 representantes de todo o territorio español. Desde esta posición defenderá que se dote de máis fondos europeos á mobilidade no rural.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, participou este martes no pleno de constitución da Comisión de Deputacións Provinciais, Cabidos e Consellos Insulares da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), celebrado no Senado, en Madrid.

Unha sesión que, tras as eleccións municipais, abre un novo mandato para este órgano de representación dos gobernos locais intermedios de todo o país e de cuxa apertura se encargou o presidente do Senado, Pedro Rollán.

Tomé Roca foi elixido para formar parte da Comisión Permanente, que a conforman 18 representantes de todo o territorio español. Desde esta posición defenderá que se dote de máis fondos europeos á mobilidade no rural.

Así, destaca que as deputacións son as institucións “vertebradoras do territorio, que chegan a onde outras administracións non chegan, que igualan oportunidades e que achegan os servizos básicos”. “Son unha ferramenta que leva funcionando 200 anos e que é preciso potenciar”, afirma.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...