InicioSociedadeUnha avaría obriga a cortar a subministración de auga en parte das...

Unha avaría obriga a cortar a subministración de auga en parte das rúas Nicomedes Pastor Díaz e Lopo Leas de Lugo

.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo informou dun corte na subministración de auga que, nas próximas horas, afectará á marxe esquerda das rúas Nicomedes Pastor Díaz e Lopo Leas, debido a unha avaría.

Así, fontes municipais trasladaron que o corte se producirá na mañá deste xoves para poder realizar as tarefas de reparación. Ademais, tamén haberá interrupcións puntuais do tráfico, que serán reguladas pola Policía Local.

Estes cortes de tráfico afectarán á intersección entre as rúas Miguel de Cervantes e Nicomedes Pastor Díaz, que é a zona onde se localizou a avaría. Mentres se manteña cortado a subministración de auga, os veciños disporán dun punto para abastecerse diante do número 14 da rúa Nicomedes Pastor Díaz.

A Brigada de Augas prevé que o servizo quede restablecido esta mesma xornada de xoves, e o Concello trasladou as súas desculpas polas molestas que poida ocasionar esta medida.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

A Deputación continúa coa rehabilitación da estrada danada en Cervantes durante o inverno

A Deputación de Lugo traballa estes días para rehabilitar a estrada danada en Cervantes...