InicioLugo e contornaLugoSuspendido en Lugo o xuízo contra un home acusado de malos tratos

Suspendido en Lugo o xuízo contra un home acusado de malos tratos

Pola incomparecencia dunha testemuña "imprescindible".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A vista contra un home acusado de malos tratos habituais a súa ex parella, que debía celebrarse este luns no Xulgado do Penal número 2 de Lugo, foi suspendido debido á incomparecencia dunha testemuña considerada “imprescindible” polo Ministerio Fiscal. O xuízo foi sinalado novamente para o próximo 14 de xuño.

A Fiscalía, que pediu a suspensión da vista ao considerar de suma importancia o testemuño da testemuña ausente por “convivir con ambas as partes”, solicita unha pena acumulada de algo menos de seis anos de prisión para o acusado, imputado polos presuntos delitos de malos tratos habituais, malos tratos familiares e continuados de ameazas leves.

De acordo ao recolleito no escrito de acusación, o home, un home de 49 anos veciño da cidade de Lugo e con antecedentes penais computables a efectos de reincidencia, mantivo coa denunciante unha relación sentimental de catro anos de duración nos que mostrou “unha actitude agresiva” cara a ela “chegando a empuxala en numerosas ocasións, a “atemorizala” con expresións do tipo “vouche a arrincar a cabeza” e a “menosprezala” de maneira recorrente.

O acusado, condenado en 2016 por un delito de malos tratos familiares á pena de catro meses de cárcere, losqueou tamén –segundo o escrito fiscal–  a súa ex parella en polo menos dúas ocasións “co ánimo de ocasionarlle un menoscabo físico” e enviou ao seu teléfono móbil unha fotografía dunha pistola asegurando que ía matala co ánimo de “infundirle medo”.

Os feitos narrados no escrito de acusación, sostén o Ministerio Fiscal, son constitutivos dun delito de malos tratos habituais, dous delitos de malos tratos familiares e un delito continuado de ameazas leves, polos que solicita unha pena para o acusado de cinco anos e dez meses de prisión. A nova vista celebrarase o 14 de xuño, ás 12,45 horas.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...