InicioLugo e contornaLugoUn xulgado de Lugo recoñece a unha veterinaria a prestación por risco...

Un xulgado de Lugo recoñece a unha veterinaria a prestación por risco na lactación

Ata que o seu fillo teña nove meses debido aos perigos que leva a súa actividade laboral.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Xulgado do Social número 3 de Lugo recoñeceu a prestación por risco de lactación natural a unha veterinaria clínica ata que o seu fillo teña nove meses debido aos perigos que leva a súa actividade laboral ao estar exposta a mostras biolóxicas e químicas, algo que a mutua lle negou.

Este fallo, con data de finais de 2023, sostén que a postura da mutua “non se pode considerar correcta”, posto que os riscos para a demandante están demostrados. De feito, son os mesmos que se argumentaron durante o embarazo e para ese período si se lle concedeu a prestación.

“A mutua realmente non nega a existencia de riscos biolóxicos e químicos, xa que é un feito notorio que a actora ten que estar en contacto co gando, ao que ten que examinar e fornecer medicamentos e produtos insecticidas (…) así como recoller mostras biolóxicas para a súa posterior análise”, apunta a sentenza.

Respecto diso, CSIF, que levou este caso a través dos seus servizos xurídicos de Lugo, valora este fallo e lembra que existe xurisprudencia que avala a petición desta traballadora en relación cos riscos aos que se expoñen estes profesionais debido á falta de lugares seguros e practicables para a extracción do leite.

central sindical considera que non é de recibo que a mutua considere agora que os riscos limítanse a “certa incomodidade” e de aí a súa decisión de non conceder o permiso durante estes meses. Lamenta que os traballadores deban afrontar trabas como esta, “que son un claro obstáculo para a conciliación”.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...