InicioSucesosDetidos en Lugo dous homes e unha muller por agredir a un...

Detidos en Lugo dous homes e unha muller por agredir a un home para roubarlle

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a dous homes e unha muller como presuntos autores dun roubo con violencia, tras agredir a un viandante para subtraerlle os seus efectos.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na madrugada do pasado martes, cando a vítima se puxo en contacto co 091 para denunciar que lle roubaron.

Os axentes que se desprazaron ao lugar entrevistáronse co prexudicado, que relatou que fora apartado por unha muller e que outros dous homes intimidárono e golpearono, propinándolle dúas puñadas na cara, para que lles entregase as súas pertenzas.

Coa descrición achegada, os axentes lograron localizar aos sospeitosos pouco despois, na Rolda da Muralla con rúa Conde. Os policías identificáronos e interviñéronlles os efectos que acababan de roubar, entre eles, un teléfono móbil da vítima. Os dous homes e a muller foron detidos como presuntos autores dun roubo con violencia, e foron postos a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...