InicioLugo e contornaLugoTomé sinala á Xunta e reivindica un plan industrial para a provincia...

Tomé sinala á Xunta e reivindica un plan industrial para a provincia de Lugo

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomei, reivindicou a necesidade dun plan industrial para a provincia e para o conxunto de Galicia, despois de 15 anos sen ningún proxecto da Xunta.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, reivindicou a necesidade dun plan industrial para a provincia e para o conxunto de Galicia, despois de 15 anos sen ningún proxecto da Xunta. “Nin bo nin malo. Ningún”, manifestou durante a inauguración do foro que a institución provincial organizou en Monforte de Lemos coa Confederación e Empresarios de Lugo (CEL) para impulsar o desenvolvemento empresarial e o emprego. A estas cuestións, xunto aos servizos públicos, referiuse como “a clave” para fixar poboación no rural.

Tomé abriu o encontro, celebrado no Centro do Viño, xunto ao presidente da CEL, Eduardo Valín Fernández, incidindo en que con esta nova iniciativa da Deputación, en colaboración coa CEL, busca “seguir achegando medidas que xeren riqueza para mellorar a vida das persoas, e que axuden a combater o despoboamento”.

Para iso, a xornada estruturouse ao redor de tres eixos: as necesidades en materia de infraestruturas, cos enxeñeiros Manuel Barreiro e Silvia Pérez; a creación de polos industriais no ámbito rural, que conduciu a exsecretaria de Estado de Transportes Isabel Pardo de Beira, e o impacto demográfico dos proxectos industriais, dirixido por Óscar Gómez Barbeiro, Director xeral de Negocios e Operacións de Renfe.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...