InicioSociedadeO alcalde en funcións de Lugo colga de forma simbólica a bandeira...

O alcalde en funcións de Lugo colga de forma simbólica a bandeira de Palestina no Concello

"Buscaremos unha localización definitiva para a bandeira, como mostra de apoio a unha solución pacífica para o conflito de Palestina", apuntou o alcalde en funcións Rubén Arroxo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Lugo en funcións, Rubén Arroxo, acompañado por outros concelleiros nacionalistas, colgou este martes de forma simbólica a bandeira Palestina da fachada do Concello.

O acto, do que informou o grupo municipal do BNG nun comunicado, correu a cargo de dous veciños lucenses procedentes de Palestina.

“Realizamos esta acción en cumprimento co acordo do pleno de decembro, como mostra de solidariedade do concello e de todos os veciños de Lugo co pobo palestino, que está a pasar un momento moi difícil”, sinala Arroxo.

Así mesmo, explicou que a bandeira foi colgada dunha forma simbólica, pero que non permanecerá na fachada do Consistorio debido ás restricións marcadas pola Lei de Bandeiras. “Buscaremos unha localización definitiva para a bandeira, como mostra de apoio a unha solución pacífica para o conflito de Palestina”, apuntou.

Con esta medida, destacou que Lugo se converte, xunto con Girona e Málaga, nos únicos concellos de todo o Estado que colgaron a bandeira Palestina da súa Casa Consistorial.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...

Elena Candia deséxalle sorte aos deportistas que reprensetarán a Lugo no Mundial de Baile Deportivo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, recibiu hoxe na Casa do Concello aos integrantes...