InicioPolíticaTomé cre que a Xunta "agravou o problema" dos plásticos coa súa...

Tomé cre que a Xunta “agravou o problema” dos plásticos coa súa “roda de mentiras”

"Colaborar é ser proactivos, ofrecer apoio, non quedar de brazos cruzados como fai a Xunta do señor Rueda", subliña o presidente provincial.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, manifestou que a Xunta “agravou o problema” dos pélets coa súa “roda de mentiras, incompetencia e soberbia” na que, ao seu xuízo, o presidente autonómico, Alfonso Rueda, e os conselleiros “levan instalados desde hai un mes”.

“Unha actitude na que continúan”, sinala nun comunicado en referencia ás últimas declaracións da conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez. Sobre as mesmas, afirma que chega a laconclusión “de que a Xunta vai seguir de brazos cruzados, á espera de que o Goberno do Estado, os concellos e os voluntarios, lle resolvan o desastre ambiental, porque nosabe que facer”.

Ademais da presenza de plásticos en praias da provincia, afirma que as declaracións de Ángeles Vázquez déixano “aínda máis preocupado e moi indignado porque recoñeceu, abertamente, sen porse colorada, que non van falar co Goberno do Estado para dicirlle algo tan sinxelo como os medios que necesitan e onde os necesitan”.

“Iso non é colaboración, iso é pasar de todo, incompetencia e soberbia”, insiste. “Colaborar é ser proactivos, ofrecer apoio, non quedar de brazos cruzados como fai a Xunta do señor Rueda”, subliña o presidente provincial.

Tomei incide en que o Goberno galego “sabía desde o 13 de decembro que están a chegar os plásticos ás praias e non fixo nada”. “O Goberno do Estado avisouno o día 20 de decembro, e a Xunta seguiu sen facer nada, a pesar dos documentos, siguen mentindo”.

Tamén compara a situación con Asturias polo feito de que esta autonomía decretase antes o nivel dous de alerta anticontaminación. “A Xunta de Galicia, cunha situación máis grave, tardou practicamente un mes en activar o nivel dous, obrigada por laspresiones de todos, ou se pode ser máis irresponsable”, engade.

Por outra banda, sostén que “están a aplicar o mesmos manual que co Prestige: ocultan, amenten e bótanlle a culpa a losdemás, deixando á súa sorte aos concellos e á xente”. “Para que serve o Goberno actual da Xunta se nin fai nada, nin responde, nin é da súa competencia, nin saben o que necesitan?”, pregúntase tamén.

ÚLTIMAS

Libros sobre Luísa Villalta para colexios e institutos da provincia

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo fará chegar material da autora homenaxeada este ano...

Cando as costureiras e modistas fan a historia do país

A Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos acolle a mostra “Corcosendo. A...

“Boa noticia para Lugo”, o TSXG confirma que o Concello de Lugo non ten que indemnizar ao promotor do Garañón

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou o fallo do Xulgado do...

Acepta ano e medio de prisión por insultar, acosar e ameazar a unha parella homosexual da cidade

Un home acusado de insultar, acosar, amedrentar e ameazar de morte a unha parella...