InicioLugo e contornaPaula Alvarellos perfílase como a principal candidata para suceder a Lara Méndez

Paula Alvarellos perfílase como a principal candidata para suceder a Lara Méndez

Será no pleno extraordinario do venres cando a rexedora faga efectiva a súa dimisión.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A concelleira de Urbanismo no Concello de Lugo, Paula Alvarellosé a persoa mellor situada para suceder á fronte da Alcaldía da cidade á rexedora Lara Méndez, que fará efectiva a renuncia ao seu cargo no pleno extraordinario deste venres para sumarse como número dous á candidatura de José Ramón Gómez Besteiro á Presidencia da Xunta.

Desde que a alcaldesa de Lugo anunciou o pasado luns a súa intención de renunciar ao bastón de mando da cidade para concorrer na lista socialista ás eleccións autonómicas do 18 de febreiro, o nome de Paula Alvarellos comezou a resoar con forza no seo do grupo municipal.

A pesar de que a titular da área de Sustentabilidade Urbana e Recursos Internos é actualmente o número tres do PSOE lucense –no número dúas figura o edil de Transición Ecolóxica e Impulso Rural, Miguel Fernández– fontes consultadas por Europa Press apuntan a que Alvarellos parte con vantaxe na carreira pola sucesión.

A edil de Urbanismo, nacida en Ponteceso (A Coruña) en 1963, non só é unha das persoas de maior confianza da alcaldesa saínte –que lle entregou o pasado mes de xuño a portavocía do grupo municipal, en detrimento, por certo, de Fernández– senón que experimentou un importante crecemento no seu perfil político e na súa presenza pública nos últimos tempos. Alvarellos, avogada de profesión recoñecida polo seu traballo previo na Asociación Penal Concepción Arenal e no Consello Social da USC –por intermediación de Besteiro– irrompeu na primeira liña da política municipal en 2019 para facerse cargo da área de Economía e Persoal.

Desde entón, o seu ascenso foi imparable, así como a confianza depositada por Lara Méndez nas súas capacidades, traducida no presente mandato na entrega da concellaría de Urbanismo e a consignada portavocía da área socialista. A favor de Paula Alvarellos xogan tamén a súa dilatada experiencia profesional, o seu talante como portavoz do grupo e a súa complicidade con algúns dos integrantes do núcleo duro do PSOE no Concello.

De confirmarse a substitución, Alvarellos pasaría a converterse o vindeiro venres no pleno extraordinario convocado pola aínda rexedora de Lugo, Lara Méndez, para oficializar a súa dimisión, na segunda muller alcaldesa na historia da cidade.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...