InicioLugo e contornaLugoO Concello convoca un pleno extraordinario para facer efectiva a renuncia de...

O Concello convoca un pleno extraordinario para facer efectiva a renuncia de Lara Méndez

Requisito indispensable para concorrer nas listas ás eleccións ao Parlamento de Galicia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo convocou un pleno extraordinario para o venres, 12 de xaneiro, ás 9,00 horas, no que a alcaldesa, Lara Méndez, formalizará a súa renuncia ao cargo, requisito indispensable para concorrer nas listas ás eleccións ao Parlamento de Galicia do próximo 18 de febreiro.

A data límite para rexistrar as candidaturas é o vindeiro luns 15 de xaneiro, polo que antes de levar a cabo este trámite, é preciso formalizar todas as renuncias dos postos que se consideran inelegibles, como son os alcaldes ou altos cargos da Xunta, entre outros postos.

O concello informou a través do seu gabinete de prensa da convocatoria deste pleno extraordinario, no que Lara Méndez fará efectiva a súa renuncia como alcaldesa despois de que ela mesma este luns confirmase a súa inclusión nas listas socialistas como número dous de José Ramón Gómez Besteiro e explicase en rolda de prensa os seus argumentos.

Concretamente, a alcaldesa de Lugo, dixo que a decisión de dar este paso é porque “neste momento pode facer un labor importante para Lugo desde outro ámbito”. Os meus obxectivos van seguir sendo os mesmos”, ha manifestou ante a prensa.

Méndez, á fronte do Executivo municipal desde o ano 2015, asegurou que a decisión chegou tras manter “conversacións” co candidato do PSdeG á presidencia da Xunta e consciente de que o seu proxecto constitúe unha alternativa ao Goberno “cortoplacista” de Alfonso Rueda que, precisou, está “a asfixiar” a cidade das Murallas.

Pola súa banda, o socio de coalición, Rubén Arroxo (BNG), expresou que “o goberno municipal mantense co acordo que temos desde xuño de 2023”.

“E desde o BNG imos seguir traballando no proxecto de cambio que levamos facendo estes catro anos e medio”, dixo, tras desexarlle a Méndez sorte na súa nova etapa. “Poden cambiar as persoas, pero os proxectos seguen en pé”, afirmou.

CRÍTICAS DE CANDIA

Este martes, a portavoz municipal do PP, Elena Candia, cualificou este paso como unha “enorme irresponsabilidade” e puxo o acento en que leva a cabo “sen saber quen vai substituíla”. Ademais, acusou á aínda rexedora lucense de deixar tras a súa marcha “unha cidade caótica e empobrecida”.

“A herdanza que deixa Lara Méndez é profundamente decepcionante”, comezou dicindo Candia, que cualificou como unha “estratexia electoral” as “continuas confrontacións” da rexedora “coas administracións” e asegurou que a súa marcha denota “improvisación e problemas internos”.

ÚLTIMAS

División de opinións na Asociación Forestal de Galicia sobre Altri: o 52% de socios apoia e o 40%, rexeita

Unha enquisa realizada pola Asociación Forestal de Galicia entre os seus socios sobre o...

Volve a neve en plena primavera á provincia de Lugo este sábado

Varios puntos da provincia de Lugo rexistran nevadas na mañá deste sábado de finais...

Morre Cristina Pérez Herraiz, concelleira en Lugo entre 2015 e 2019

A exconcelleira do Concello de Lugo Cristina Pérez Herraiz faleceu este sábado a consecuencia...

O BNG propón destinar os 250 millóns de Altri a un plan para revitalizar as comarcas da Ulloa, Ulla e Arousa

A líder do BNG, Ana Pontón, propón que "os 250 millóns de euros que o...