InicioLugo e contornaFriolAs primeiras 'Olimpíadas Rurais de Galicia' en Friol

As primeiras ‘Olimpíadas Rurais de Galicia’ en Friol

A cita será entre o 28 e o 30 de xuño.

PUBLICADA O

- Advertisement -

municipio lucense de Friol acollerá o xuño a primeira edición das ‘Olimpíadas Rurais de Galicia’, que combinarán xogos tradicionais e deporte con gastronomía, música e outras actividades. Esta ‘cita’ foi presentada este martes polo conselleiro de Medio Rural, José González; polo alcalde de Friol, José Ángel Santos; e polo presidente do colectivo deportivo Hércules (impulsor desta iniciativa), Enrique Thor López.

O conselleiro trasladou o apoio da administración autonómica a este evento, e valorou que, nel, conflúen compoñentes lúdicos, turísticos e deportivos, nunha “aposta polo medio rural”, e expresou o seu desexo de que esta primeira edición “sexa a primeira de moitas e teña continuidade”.

Segundo destacou o responsable galego de Medio Rural, as Olimpíadas Rurais representan o “respecto pola tradición”, rescatando probas como carreiras de sacos, de zancos, carretilla, etc. que formaron parte da infancia de moitos galegos no rural.

A cita será entre o 28 e o 30 de xuño en Friol, onde se darán cita un máximo de 24 equipos. Os participantes terán que competir en probas diversas: desde lanzamento de lastro, escalada de cucaña ou carreiras de sacos, ata outras disciplinas populares, como o salto á corda e a carretilla. A programación completarase con oferta gastronómica e musical.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...