InicioLugo e contornaPechado o Parque de Bombeiros de Vilalba este mércores

Pechado o Parque de Bombeiros de Vilalba este mércores

Ante a ausencia dun traballador dos servizos mínimos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Parque de Bombeiros de Vilalba permanecerá pechado este mércores ante a ausencia dun dos traballadores previstos nos servizos mínimos, do mesmo xeito que ocorreu en xornadas previas noutros centros como o de Viveiro ou o de Chantada.

Segundo informou a Deputación de Lugo, esta mañá só presentáronse no parque de Vilalba dous do tres efectivos necesarios para cumprir os devanditos servizos mínimos, sendo imposible mobilizar outras persoas doutros parques, xa que tamén están en situacións similares. Os reténs designados tampouco se presentaron.

“Ante esta situación, o Consorcio decidiu recolocar aos dous efectivos de Vilalba en Barreiros, desde onde se atenderán as posibles incidencias”, explicou a Deputación, manténdose así o parque vilalbés pechado ata o xoves ás 09.00 horas.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...