InicioLugo e contornaO presidente da Deputación de Lugo acusa ao consorcio provincial de bombeiros

O presidente da Deputación de Lugo acusa ao consorcio provincial de bombeiros

José Tomei criticou tamén a Rueda.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, cualificou este martes como “vergoñoso” o Goberno da Xunta de Galicia e acusou ao seu presidente, Alfonso Rueda, de adiantar a convocatoria de eleccións autonómicas porque “ten medo”. Así o manifestou o líder do Executivo provincial minutos antes da celebración do último pleno ordinario do organismo, no que se logrou dar luz verde ao programa de investimentos do Plan Único, que contará en 2024 cun orzamento de 21.750.000.

“O señor Rueda non lle deu ningún impulso a Galicia en todo este tempo. De feito ten medo e por iso convoca as eleccións agora, a ver se coincidindo co debate da amnistía consegue sacar uns puntiños”, asegurou José Tomei. O líder provincial, que comparou a forma de xestionar os recursos públicos que teñen os gobernos presididos polo PP e polo PSOE, acusou tamén ao presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, de “perder o norte” e ao Goberno autonómico de sumir a Galicia nun estado de “parálise” durante “os últimos 15 anos”.
O punto máis importante da orde do día do pleno ordinario da Deputación celebrado este martes pasaba pola aprobación das bases do Plan Deputación de cooperación cos concellos –coñecido tamén como Plan Único– para o ano 2024.

Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo anunciou este martes novas recolocacións, por falta de efectivos, dos bombeiros do Parque de Chantada, como xa sucedese na xornada do domingo. “Dos tres efectivos que tiñan que presentarse a traballar no Parque de Bombeiros de Chantada, só incorporáronse dous. Un do efectivos retén do cuadrante atópase de baixa e o outro rexeitou a comunicación de cumprimento dos servizos mínimos”, explicaron desde o consorcio a través dun comunicado.

Unha situación que obrigou a recolocar aos dous efectivos de Chantada –que non prestarán servizo ata a xornada do mércores– no Parque de Monforte e á que se referiu tamén José Tomei, quen acusou aos profesionais de “facer trampas”. “A xente non se pon enferma cando lle toca ir traballar e cando non lle toca ir traballar non está enferma”, denunciou o presidente da Deputación en relación ao conflito co colectivo provincial de bombeiros, que reclama melloras laborais.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...