InicioSucesosDetectan unha 'quedada' de vehículos en Lugo na que participaban uns 120...

Detectan unha ‘quedada’ de vehículos en Lugo na que participaban uns 120 condutores

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo tivo coñecemento a través de redes sociais dunha ‘quedada’ de vehículos no aparcadoiro da Universidade, próximo ao Pazo Provincial de Deportes, na que detectaron a uns 120 participantes.

No dispositivo policial, despregado o 23 de decembro, formaron parte efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, con vehículos rotulados e camuflados que se infiltraron nesta ‘quedada‘.

Así, efectuáronse diferentes denuncias a varios condutores por condución neglixente; por circular cun escape ineficaz; por realizar no vehículo “unha reforma de importancia sen autorización; por circular sen presentar a ITV no prazo debido; e por circular por zona peonil.

Ademais, nas probas da alcoholemia e drogas realizadas detectáronse tres condutores que arroxaron resultados positivos. O primeiro, 0,46 mg/l; o segundo, 0,44 mg/l; e o terceiro, 0,36 mg/l. Todos eles foron sancionados con 500 euros de multa e a retirada de catro puntos do permiso de condución.

No transcurso deste dispositivo tamén se procedeu á localización de dous vehículos sobre os que pesaba mandato de procura e captura por embargo, sendo trasladados ao depósito municipal. Así mesmo, sancionaron con 900 euros a unha persoa que ouriñaba na vía pública.

OUTROS CONTROIS

Por outra banda, durante a madrugada do 24 e 25 de decembro, efectivos da Policía Local de Lugo estableceron diversos controis de alcoholemia e drogas en vías do centro urbano.

ÚLTIMAS

Aprobada a licenza urbanística para ampliar as instalacións da protectora de animais

O Concello de Lugo completou este mércores o proceso administrativo necesario para legalizar e ampliar as...

Un vehículo choca contra outro tras circular en sentido contrario na A-6, ao seu paso por Lugo

Unha persoa resultou ferida tras unha colisión frontal de dous vehículos, un deles circulaba en...

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe...

Deteñen un home en Lugo despois de agredir cun coitelo a un sobriño

A Policía Local de Lugo detivo na tarde do pasado luns, 13 de outubro,...