InicioLugo e contornaLugoO prazo para as actividades gratuítas na Reserva Terras do Miño abre...

O prazo para as actividades gratuítas na Reserva Terras do Miño abre este venres

A Deputación de Lugo organiza estas actividades co obxectivo de fomentar o lecer saudable e a educación ambiental na Reserva da Biosfera Terras do Miño.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo abrirá este venres o prazo de inscrición para participar no novo programa de actividades gratuítas que organiza co obxectivo de fomentar o lecer saudable e a educación ambiental na Reserva da Biosfera Terras do Miño.

Segundo informou a institución provincial, o calendario incluíu case unha decena de propostas con máis de 160 prazas para todos os públicos, que se desenvolverán no primeiro trimestre do ano, desde o 2 de xaneiro ao 27 de marzo. Todas elas celebraranse no Centro de Interpretación Terras do Miño.

A primeira actividade, que será entre o 2 e 5 de xaneiro e está pensada para os nenos de 6 a 12 anos, conta con 20 prazas e consistirá nun taller usando follas e a realización dun póster, en actividades para axudar ás aves a alimentarse nos meses de inverno, xogos e unha saída, entre outros. Do día 15 ao 19 está programado un curso de poda, para adultos e en horario de tarde.

En febreiro, entre os días 5 e 9, realizarase un curso dirixido a adultos sen coñecementos previos ou con nocións básicas de horticultura que teñan inquietudes relacionadas co aproveitamento dos recursos e materiais cotiáns.

Ademais, do 12 ao 14 de febreiro haberá unha actividade infantil que contará con xogos tradicionais, elaboración de disfraces con material da contorna, aprendizaxe sobre o entroido ou unha festa.

Os días 26, 27, 28 e 29 de febreiro e 1 de marzo haberá un curso que busca iniciar aos asistentes nas diferentes técnicas de multiplicación aplicadas a árbores froiteiras, así como o manexo das ferramentas empregadas. A finais de marzo, do 18 ao 22, haberá outra quenda deste curso.

No mes de marzo, do día 4 ao 8, haberá visitas e actividades relacionadas co lecer e o turismo sustentable como á Ínsua de Burneiros ou a Olaría de Bonxe.

No 11 e o 15 dese mesmo mes, celebrarase un taller para a elaboración de cestos. Finalmente, entre o 25 e 27 de marzo haberá unha actividade, para mozas de e entre 6 e 14 anos, na que aprenderá programación aplicada ao coidado do medio ambiente.

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Prosegue a procura da anciá de 85 anos desaparecida hai unha semana no barrio de Montirón

A Policía Nacional continúa dirixindo a procura de Isaura, a anciá de 85 anos que non volveu...

O PP de Lugo pide ao Goberno aclarar se abrirá este verán un novo tramo da A-54

Os senadores do PP de Lugo --José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano-- pediron...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...