InicioLugo e contornaLugoO PP de Lugo saca unha revista para denunciar as promesas incumpridas...

O PP de Lugo saca unha revista para denunciar as promesas incumpridas por un goberno local “bastante ausente”

O Grupo Municipal do PP en Lugo presentou este venres o segundo número dun boletín informativo concibido para "fortalecer a comunicación" coa cidadanía, desagregar os proxectos impulsados desde a oposición e denunciar os compromisos incumpridos por un Executivo local cualificado polos populares como "bastante ausente e sen orzamentos".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Grupo Municipal do PP en Lugo presentou este venres o segundo número dun boletín informativo concibido para “fortalecer a comunicación” coa cidadanía, desagregar os proxectos impulsados desde a oposición e denunciar os compromisos incumpridos por un Executivo local cualificado polos populares como “bastante ausente e sen orzamentos”.

“O obxectivo é facer un balance deste seis meses e destacar os asuntos máis importantes nos que participamos desde a constitución da corporación”, comezou dicindo, a modo de presentación, a portavoz municipal do partido, Elena Candia, acompañada pola práctica totalidade dos membros do grupo.

Candia, que destacou a presentación por parte do partido de “72 iniciativas” –entre proposicións, rogos e preguntas– nos seis plenos ordinarios celebrados ata o momento, así como o rexistro de “66 preguntas e rogos nas comisións de pleno”, aproveitou tamén a súa intervención para enumerar os proxectos incumpridos, ao seu xuízo, por parte do Executivo encabezado por Lara Méndez.

A portavoz popular puxo o foco na ausencia de parcelas para construír un “novo centro de saúde no barrio da Residencia” e para destinar a “vivenda pública”; na recepción de “moitos menos fondos europeos dos esperados”; ou na “falta de garantías” sobre a rehabilitación do cuartel de San Fernando. Proxectos, todos eles, salientou Candia, “anunciados e comprometidos pola alcaldesa”.

No outro lado da balanza situou a portavoz municipal do PP os avances logrados na cidade grazas, precisou, á intervención da Xunta de Galicia. “Terminamos o 2023 con actividade no barrio da Residencia, coa PXOM aprobado definitivamente e estudando distintas propostas para a construción dunha nova comisaría na cidade”, destacou.

ÚLTIMAS

O alcalde de Lugo pide unha reunión urxente a Rueda para desbloquear o Museo da Romanización

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, solicitou unha reunión urxente co presidente da Xunta,...

Un proxecto de larvas de mosca para usos agrarios e animais, novo proxecto industrial estratéxico en Palas de Rei

O Goberno galego analizou este luns o acordo polo que se declara proxecto industrial...

Buscan un menor migrante desaparecido do centro de acollida de O Malvarón en Monforte de Lemos

Desde este domingo, as forzas de seguridade buscan a un mozo migrante menor de...

Collen a varios vehículos a máis de 200km/h tras participar en carreiras ilegais na A-6 en Outeiro de Rei

A Garda Civil culminou un dispositivo especial de vixilancia imputando en calidade de investigados...