InicioLugo e contornaLugoUn control policial en Lugo a 28 condutores sáldase con 10 positivos

Un control policial en Lugo a 28 condutores sáldase con 10 positivos

Cinco deron positivo en cannabis, dous en cocaína, dúas en anfetaminas e un en opiáceos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un control de drogas efectuado por axentes do subsector de Tráfico da Garda Civil de Lugo, da Policía Local de Lugo e de policías locais doutros concellos, tras unha acción formativa organizada pola xefatura provincial de Tráfico de Lugo, saldouse cun total de 10 positivos de condutores por drogas en 28 probas.

O control levou a cabo durante a mañá do pasado martes 5 de decembro. Segundo trasladou a Policía Local de Lugo, o dispositivo estruturouse en cinco grupos operativos repartidos noutros tantos puntos da cidade. Así, realizaron probas de detección de drogas a 28 condutores, arroxando un resultado positivo 10 deles. En concreto, cinco deron positivo en cannabis, dous en cocaína, dúas en anfetaminas e un en opiáceos.

Todos eles foron denunciados administrativamente, o que leva consigo unha sanción económica de 1.000 euros e a detracción de 6 puntos do permiso. Nestes controis tamén se realizaron probas de detección de alcol. Neste caso, unha condutora arroxou un resultado positivo de 0,43 miligramos de alcol por litro de aire expirado. Por iso, procedeuse a aplicarlle unha denuncia administrativa, que supón unha sanción económica de 500 euros e a detracción de catro puntos do permiso de conducir.

Ademais, nos controis efectuados tamén se fixo uso do dron da Policía Local de Lugo e un dispositivo móbil con OCR (recoñecemento óptico de caracteres), que procede á lectura automática das placas de matrícula dos vehículos que se aproximan ao filtro e conecta en tempo real coa base de datos de vehículos da Dirección Xeral de Tráfico.

Deste xeito, localizáronse oito vehículos que non foran sometidos á inspección periódica nun prazo regulamentario, outro que circulaban sen ter concertado seguro obrigatorio e outro cuxo condutor facía uso dun permiso de conducir estranxeiro susceptible de cambio, pero que non lle permitía o manexo do automóbil sen os trámites necesarios.

ÚLTIMAS

Catro axentes sacan a pulso un home que estaba en perigo na ponte de Carballedo

A Garda Civil informou dunha intervención humanitaria na presa de Os Peares, no termo...

Detido en Lugo por atracar dúas veces no mesmo día a un vendedor do ONCE

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a un home como presunto...

Un voitre negro rescatado en San Froilán volve voar libre nos Ancares

A Xunta liberou, esta fin de semana, na zona dos Ancares un exemplar de...

Lugo, entre as provincias con maior volume de enerxía renovable non aproveitada, segundo un informe

España é un dos países europeos máis afectados pola conxestión da rede eléctrica, o...