InicioEconomíaA CIG acusa á patronal da limpeza de Lugo de ir á...

A CIG acusa á patronal da limpeza de Lugo de ir á mediación “sen ningún avance”

O sindicato fai esta crítica tras preto de 50 días de folga no sector.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A CIG criticou que a patronal da limpeza de Lugo acudise este luns á primeira reunión de mediación “sen ningún avance” e “sen absolutamente ningunha proposta nova”, tras preto de 50 días de folga no sector.

En declaracións a Europa Press, a representante da CIG-Servizos, Asunción Castiñeira, lamentou que os empresarios se manteñan inmóbiles ante a “liña vermella” dos sindicatos, en relación á subida salarial correspondente a 2022, que a patronal pretende deixar “sen ningún tipo de incremento”, a pesar de ser o ano no que máis subiu o custo da vida.

“A reunión terminou sen ningunha novidade, sen ningún avance, sen ningunha proposta nova”, engadiron desde a CIG, que conta coa maioría social no sector. Segundo Castiñeira, neste primeiro encontro de mediación “foi imposible achegar posturas”.

Ela explicou que, coas propostas da patronal, algúns tramos da táboa salarial quedarían por baixo do soldo mínimo. Desta maneira, algunhas subidas das traballadoras con máis antigüidade quedarían absorbidas polo SMI.

A CIG criticou que, tras unhas 50 xornadas de folga e varias reunións coa patronal, neste primeiro encontro de mediación “non haxa avances”. Por iso, emprazáronse a un novo encontro o próximo día 13 de decembro.

Castiñeira adiantou, ademais, que este martes traballadores da limpeza de Lugo concentraranse ás 17.30 horas ante o Parlamento de Galicia en Santiago. Ademais, algúns empregados acudirán ao pleno do Parlamento durante o debate dunha proposta do BNG sobre a situación que vive o sector.

O convenio do sector da limpeza de Lugo caducou en decembro de 2021. Os profesionais iniciaron unha folga o pasado 16 de outubro, que continúa a día de hoxe.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...