InicioLugo e contornaLugoO lucense Antonio de Ron, distinguido co 'Meritorius Service Award' dunha insitución...

O lucense Antonio de Ron, distinguido co ‘Meritorius Service Award’ dunha insitución dos EE.UU.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Antonio de Ron Pedreira (Lugo, 1952), profesor vinculado ‘ad honorem’ do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) na Misión Biolóxica de Galicia (MBG), foi distinguido co ‘Meritorius Service Award’ de Bean Improvement Cooperative (BIC), institución creada en 1957 con sede en Estados Unidos e cuxo labor é promover o intercambio de información acerca das investigacións sobre a xudía común.

Na actualidade, o BIC está integrada por máis de 300 científicos de diferentes países de todos os continentes, con predominio de América, especialmente Estados Unidos, que teñen en común o desenvolvemento de investigacións sobre diversas cuestións relacionadas coa xudía, o primeiro cultivo proteico para alimentación humana, que é vital na dieta en África, Centro de América e China. En España é actualmente un produto fundamentalmente gourmet limitado a Denominacións de Orixe.

Cada ano, durante un encontro que se celebra en Estados Unidos ou Canadá, a entidade outorga varios recoñecementos entre os seus socios: Meritorious Service Award, a quen demostrase contribucións notables en investigación nunha prolongada traxectoria; Achievement Award, a persoas con menos de 15 anos de traxectoria científica con achegas destacadas; Technical Merit Award, por apoio en investigacións ao longo dunha carreira técnica, e Frazier-Zaumeyer Distinguished Lectureship, para honrar a quen contribuíse significativamente á investigación nos últimos anos.

De Ron é doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela e experto universitario en Métodos Avanzados de Estatística Aplicada pola Universidade Nacional de Educación a Distancia. Vinculado ao CSIC desde 1983, a súa carreira científica sitúase na MBG, onde fundou os grupos de Leguminosas (1988) e Bioloxía de Agrosistemas (2013).

ÚLTIMAS

Unha empresa galega presenta o seu proxecto para unha mina de cuarzo en Abadín e admite que terá cinco impactos “moderados” sobre o medio...

A empresa galega Norsil, dedicada á explotación e comercialización de recursos mineiros desde o ano...

Un informe de Adega revela os datos reais de emisións e verteduras que Altri pretende ocultar

Un informe de Adega sinala que Altri oculta emisións no seu estudo de impacto ambiental e...

A Deputación presenta un plan invernal para estradas con 420 toneladas de sal e 112 traballadores

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentou este mércores en Pedrafita...

Senadores de Lugo polo PP critican que o Goberno non quere rebaixar a protección do lobo

Os senadores do PP de Lugo criticaron que o Goberno central "non ten intención...