InicioTerra CháGuitirizUn home investigado por facer 'caballitos' coa moticicleta nun paso de peóns...

Un home investigado por facer ‘caballitos’ coa moticicleta nun paso de peóns no centro de Guitiriz

Ante "a gravidade das condutas investigadas e do risco causado", a Garda Civil decidiu comisar de forma cautelar o vehículo do individuo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil comisou a motocicleta a un home que figura como investigado por un delito contra a seguridade viaria despois de ser identificado como responsable dunha serie de manobras temerarias que realizou polo centro urbano de Guitiriz, onde foi observado facendo “caballitos”, mesmo, en pasos de peóns.

Segundo informou a Benemérita este xoves, a investigación iniciouse tras a publicación de vídeos o pasado mes de setembro nos que se observaba a un motorista realizando manobras perigosas polo centro da localidade luguesa. Neles, víase ao motorista facendo “caballitos” mesmo nun paso de peóns no que había xente esperando para cruzar. As pescudas culminaron coa identificación do condutor da moto grazas ao rastrexo e análise compartivo feito a través de datos nas redes sociais e rexistros da DXT.

Ante “a gravidade das condutas investigadas e do risco causado”, a Garda Civil decidiu comisar de forma cautelar a motocicleta do individuo, que prestou declaración ante o xulgado de instrución número 1 de Vilalba.

ÚLTIMAS

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...

Ratifican sete meses de cárcere para unha nai de Lugo que impediu visitas ao seu fillo por parte dos avós

O Tribunal Supremo confirmou a condena a unha muller de Lugo por un delito...

Finalizan as obras para mellorar o sistema de saneamento do Cebreiro

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición...

Aprobada a licenza urbanística para ampliar as instalacións da protectora de animais

O Concello de Lugo completou este mércores o proceso administrativo necesario para legalizar e ampliar as...