InicioLugo e contornaDetidos en Lugo dous homes acusados de roubar en Vilalba e Ribadeo

Detidos en Lugo dous homes acusados de roubar en Vilalba e Ribadeo

A Garda Civil arresta a outro home de 26 anos por un delito de furto dunha cadeira de rodas eléctrica valorada en 2.700 euros en Vilalba

PUBLICADA O

- Advertisement -

Segundo informou a Garda Civil de Lugo, un dos detidos correspóndese cun home de Vilalba, de 32 anos, acusado de roubar no interior dunha vivenda desa mesma localidade. Os feitos ocorreron hai varios días, cando descoñecidos, en ausencia das persoas que viven na vivenda, accederon ao seu interior usando unha chave falsa e levaron 600 euros en efectivos e diversas xoias pendentes de valoración pericial. A persoa detida foi posta a disposición do Xulgado de Instrución número 1 da localidade de Vilalba.

OUTRO ROUBO EN RIBADEO

Ademais, a Garda Civil investiga a un home de 25 anos por un delito de roubo con forza nas cousas nun establecemento de hostalaría en Ribadeo. Segundo o relato policial, a persoa que perpetrou o roubo, tras franquear o muro perimetral do local, accedeu ao interior do establecemento por unha xanela. Alí, levou unha caixa rexistradora con 500 euros e varios produtos cociñados, saíndo posteriormente pola porta principal do restaurante. A persoa investigada foi posta a disposición xudicial.

FURTO DUNHA CADEIRA DE RODAS ELÉCTRICAS

Doutra banda, a Garda Civil detivo a un veciño de Muimenta-Cospeito, de 26 anos, como suposto autor dun delito de furto. Os feitos tiveron lugar en outubro na localidade lucense de Vilalba, na cal a persoa detida supostamente levou unha cadeira de rodas eléctrica, valorada en 2.700 euros. A persoa detida foi posta a disposición do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución número 2 de Vilalba.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo responde ao PP sobre a incorporación dun funcionario de administración local

  A Deputación Provincial de Lugo, ante as declaracións realizadas polo Grupo Provincial do Partido...

Concello de Lugo e CHMS colaborarán para recuperar a contorna da rúa Fermín Rivera

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS),...

A Deputación de Lugo pide á Xunta reformular o anteproxecto de lei de administración local

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes unha proposta de Goberno en...

O PP acusa a BNG e PSOE de “deixar oco” na Deputación para que entrase o fillo do alcalde de Lugo

Os voceiros do Grupo Municipal, Elena Candia, e do Grupo Provincial do PP, Antonio...