InicioLugo e contornaLugoO PP de Lugo considera que a Deputación dificulta o labor da...

O PP de Lugo considera que a Deputación dificulta o labor da Valedora do Pobo

O PP insta o presidente provincial, José Tomé, a colaborar en todo o que se lle solicite e cesar a súa "actitude absolutista" tras "vetar a entrada dos deputados populares ás dependencias do Parque móbil e tamén ás oficinas situadas no antigo Fogar de Santa María".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O portavoz do PP provincial de Lugo, Antonio Ameijide, considerou “inadmisible” que o presidente da Deputación, o socialista José Tomé, “entorpeza” a actuación da Valedora do Pobo tras a negativa “a permitir a entrada de deputados populares a instalacións públicas provinciais”.

Nun comunicado, Ameijide explica que a valedora remitiu unha carta aos deputados do Grupo Provincial Popular na que informa de que o pasado 2 de novembro requiriu “de novo” información á Deputación provincial sobre o “veto” de acceso aos populares a dependencias provinciais.

Na misiva, segundo o PP, a defensoría galega sinala que a institución provincial “aínda non remitiu o informe demandado” e lembra que “tal envío resulta unha obrigación legal” conforme á Lei do Valedor do Pobo.

“Queda claro que José Tomé ten algo que esconder, xa que se nega a pór a disposición da Valedora do Pobo a información solicitada”, denuncia o portavoz popular, que considera “inadmisible” que o socialista entorpeza a actuación da Valedora do Pobo.

O popular sinalou que a Valedora do Pobo admitiu a trámite o escrito de queixa por parte dos deputados do Grupo Provincial Popular pedindo amparo para facer valer os seus dereitos ante o “veto incomprensible” por parte do goberno de deputación e do seu presidente á entrada dos deputados populares en dependencias que son titularidade da institución provincial.

O PP insta o presidente provincial a colaborar en todo o que se lle solicite e cesar a súa “actitude absolutista” tras “vetar a entrada dos deputados populares ás dependencias do Parque móbil e tamén ás oficinas situadas no antigo Fogar de Santa María”.

ÚLTIMAS

Denunciado por cuadriplicar a taxa máxima de alcoholemia e ter un accidente en Lugo

A Policía Local de Lugo denunciou por un delito contra a seguridade viaria a un condutor,...

Dous menores e a súa nai, trasladadas con síntomas de intoxicación por monóxido de carbono en Monterroso

Dous menores e a súa nai tiveron que ser evacuadas na madrugada deste venres...

Brendan Shine, un inglés do Corgo que presenta o seu primeiro libro

Brendan Shine é un músico, cantante e deportista que leva anos asentado no Corgo...

Enagás volverá presentar o hidroducto a Guitiriz a axudas europeas

Enagás reitera que o hidroducto Guitiriz-Zamora, que quedou fóra da lista de proxectos de interese...