InicioSociedadeA Policía de Lugo localiza un menor de 6 anos sen escolarizar...

A Policía de Lugo localiza un menor de 6 anos sen escolarizar en casa dos seus avós

Os axentes preguntaron por que o neno non estaba no colexio, ao que os seus avós contestaron que "dubidaban entre dous centros educativos" da cidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo informou á Xunta tras localizar a un menor de 6 anos na casa dos seus avós e comprobar que o neno non estaba escolarizado en ningún centro.

Segundo informou, na mañá deste xoves, uns veciños chamaron ao 092 tras escoitar berros nunha vivenda. Ata o lugar desprazáronse efectivos da Policía Local, que puideron atribuír os berros ao tropezo cun vaso que caera ao chan e rompeu.

Os axentes preguntaron por que o neno non estaba no colexio, ao que os seus avós contestaron que “dubidaban entre dous centros educativos” da cidade.

Despois de comprobar que o neno non está matriculado en ningún dos dous centros, os axentes deron parte ao servizo de Menores da Xunta e aos Servizos Sociais.

+ posts

ÚLTIMAS

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...

A Xunta dá o ‘ok’ ambiental á ampliación dunha granxa avícola en Friol ata case 77.000 pitos

A Xunta deu o visto e prace ambiental á ampliación dunha explotación avícola, ata...