InicioLugo e contornaGuntínUnha condutora resultou ferida en Guntín ao chocar o seu coche contra...

Unha condutora resultou ferida en Guntín ao chocar o seu coche contra unha furgoneta

O sinistro, que consistiu nun choque frontolateral, rexistrouse sobre as 8,45 horas da mañá.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha muller resultou ferida este xoves ao chocar o coche que conducía contra unha furgoneta no termo municipal de Guntín, segundo informaron Garda Civil e 112 Galicia. O sinistro, que consistiu nun choque frontolateral, rexistrouse sobre as 8,45 horas da mañá, no punto quilométrico 16,750 da estrada N-540, que une Lugo e Ourense.

Como consecuencia do choque, a condutora do turismo resultou ferida e foi evacuada en ambulancia ao Hospital Lucus Augusti, informou o 061. O 112 Galicia confirmou que, ademais dos efectivos de Urxencias Sanitarias e da Garda Civil de Tráfico, foron alertados os bombeiros e Ges de Chantada, aínda que finalmente non foi necesaria a súa intervención.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...