InicioLugo e contornaLugoA exposición intinerante do Parlamento 'A Nosa Arte' chega a Lugo

A exposición intinerante do Parlamento ‘A Nosa Arte’ chega a Lugo

Poderá visitarse na sede de Afundación de Lugo entre o 9 de novembro de 2023 e o 27 de xaneiro de 2024.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A exposición itinerante integrada por unha selección de máis de 300 pezas que conforman a colección de arte do Parlamento de Galicia poderá visitarse na sede de Afundación de Lugo entre o 9 de novembro de 2023 e o 27 de xaneiro de 2024. A inauguración será ás 19,00 horas.

A exposición, titulada ‘A Nosa Arte’, recala en Lugo despois de estar aberta ao público en Vigo, Ferrol e Ourense nos últimos meses. O Parlamento conta coa colaboración da Xunta e de Afundación para executar este proxecto expositivo, no que tamén participa a Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario.

A mostra está comisariada por tres académicos da institución: a catedrátrica emérita de Historia da arte e arquiveira-bibliotecaria da Academia, María Vitoria Carballo-Calero; e os académicos da sección de Arqueoloxía e Museología Felipe-Senén López Gómez e José Carlos Vale Pérez. O tres foron os encargados de realizar a selección das obras que se mostrarán na exposición. Delas, a maior parte delas percorrerán todas as cidades, mentres que unha cuarta parte irán en función da urbe á que leve a mostra.

A exposición ‘A Nosa Arte’ enmárcase na programación cultural do Parlamento cunha dobre función: dar a coñecer a colección de arte da Cámara e achegar o poder lexislativo galego á cidadanía.

+ posts

ÚLTIMAS

Unha colisión entre unha furgoneta e un camión deixa un ferido atrapado en Castro de Rei

O condutor dunha furgoneta resultou ferido este venres nun accidente de tráfico rexistrado na...

Candia recibe o Cónsul Xeral de Portugal en Galicia para abordar novas vías de colaboración con Lugo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Turismo e Museos, recibiu...

O antigo colexio do Sagrado Corazón xa é dos lucenses trala sinatura hoxe da acta de expropiación

O antigo colexio do Sagrado Corazón volve ser desde hoxe dos lucenses. Desde as...

Lugo formaliza a ocupación dos terreos para o novo centro de saúde do Sagrado Corazón

O proxecto para construír o novo centro de saúde do Sagrado Corazón, en Lugo,...