InicioPolíticaUnanimidade no Parlamento galego para esixir ao Goberno central a conservación integral...

Unanimidade no Parlamento galego para esixir ao Goberno central a conservación integral da A-6

PP asegura que circular por ela é "unha aventura perigosa" e PSdeG responde que o é "o clima de crispación que están a alentar".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Parlamento insta á Xunta, por unanimidade, a dirixirse ao Goberno central co obxecto de que acometa “con urxencia” un plan extraordinario de conservación integral da A-6, tanto no que respecta á calzada como ás pontes e noiros existentes en todo o trazado, “que claramente adoecen dunha falta de mantemento”.

Este é o primeiro dos tres puntos dunha iniciativa que presentou o PPdeG no pleno do Parlamento e que foi aprobada co apoio de BNG e PSdeG. Con todo, durante o debate, populares e oposición mantiveron diferentes posturas. Así, José Manuel Balseiro, polo grupo maioritario, insistiu no discurso de que “Galicia sempre perde con Sánchez”, polo presidente do Goberno en funcións.

Nesta liña, denunciou a “lamentable situación en que mantén a maior parte de estradas de competencia estatal da comunidade” nunha “lista” que “xa é demasiado longa” e “especialmente negativa na provincia de Lugo”. En concreto pola A-6, afirmou que circular por ela hoxe en día é en certos tramos “unha aventura perigosa“, ao que a socialista Patricia Otero, a continuación, replicou que “aventura perigosa é o clima de crispación” que o PP “está a alentar” nas rúas e que “lembra a épocas pasadas”.

Otero, que tamén instou ao PP galego a “traballar para que tamén esa condonación da débeda poida vir para Galicia, porque está aberta esa posibilidade“, reivindicou que “337,83 millóns foron destinados a conservación de estradas” e esgrimiu outros datos de “mantemento en Lugo”, como os 53 millóns aprobados en Consello de Ministros o verán pasado. Deste xeito, rexeitou que “non se está facendo nada” na A-6, pola “reforma integral no firme entre Lugo e Villafranca del Bierzo”, con “as obras en execución”, que “roldan 8,1 millóns” e contan cun prazo de execución de nove meses, segundo os seus números.

“Cando se terminen, empezarán as que van en sentido entrada a Galicia. Non mintan. Hai que mellorar o firme desta estrada pero xa se está traballando“, sostivo. Por iso, mostrouse “de acordo no que piden” os populares coa proposición non de lei pero defendeu “que non é certo que non se estea facendo nada” e unha emenda para engadir outro punto (foi rexeitada por Balseiro) para que “se lle pida tamén á Xunta”.

Na quenda do BNG, Daniel Castro ironizou coa síndrome do “agravio intermitente” no PP, en función de se goberna ou non en Madrid. Fronte a isto, recetou o nacionalismo e reivindicou o pacto co que o Bloque “consegue melloras” para Galicia. “Pero non somos os seus reis meigos. O PP non pode pedirlle nunha carta ao BNG consígame isto”, dixo.

OS OUTROS DOUS PUNTOS

O primeiro dos outros dous puntos da iniciativa aprobada por unanimidade solicita “un cronograma específico para o fin das obras de reconstrución que se están acometendo nos dous viadutos do Castro co fin de restablecer canto antes a circulación polos cinco carrís existentes neste punto da autovía do noroeste” e “información concreta sobre o mesmo”.

O segundo demanda informar puntualmente aos concellos afectados e ao Goberno galego das decisións que se vaian adoptando sobre esta infraestrutura e do avance das obras que se están facendo, sobre as obras de restablecemento do noiro desprendido hai uns días e sobre as que se programen no futuro para resolver “os graves problemas de conservación que presenta”.

ÚLTIMAS

Retiran a rampla de acceso ao Miño inaugurada hai 13 días por acabarse o permiso para este verán

Os servizos municipais retiraron este luns a pasarela de acceso ao río Miño en...

Condenado a catro anos de cárcere o rexente dun bar da cidade por traficar con drogas

A Audiencia Provincial de Lugo condenou ao rexente dun bar da capital a catro anos de...

Besteiro critica o financiamento público para o proxecto de Altri: “Non vai ter moita saída”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, mostrou o seu rexeitamento firme ao...

Altri en Palas de Rei: Pas Viva opónselle por riscos ambientais e sociais

As colectivo Pas Viva da Plataforma Ulloa Viva celebrou un acto para mostrar o...