Home Terra Chá Guitiriz Morre un home ao envorcar o tractor que conducía nunha leira de Guitiriz

Morre un home ao envorcar o tractor que conducía nunha leira de Guitiriz

0
Morre un home ao envorcar o tractor que conducía nunha leira de Guitiriz
Roda dun tractor en mal estado, cuxo condutor foi denunciado en Lugo.. POLICÍA LOCAL DE LUGO

Un home morreu ao envorcar o tractor que conducía nunha leira da paraxe de Vacariza, na parroquia guitiricana das Negradas, segundo informou Emerxencias 112 de Galicia.

Foi un familiar do falecido quen deu aviso ao centro de emerxencias despois das 19.30 horas deste luns. Ao parecer, o home circulaba no tractor na leira cando envorcou e quedou atrapado baixo o vehículo.

Ata o lugar desprazáronse sanitarios de Galicia-061, Bombeiros de Vilalba, o GES de Friol-Pas, axentes da Garda Civil e membros do Grupo de Voluntarios de Protección Civil do municipio. Alí traballaron para liberar o corpo xa sen vida do home.

+ posts