InicioLugo e contornaLugoO goberno local de Lugo chama á Xunta a unha reunión sobre...

O goberno local de Lugo chama á Xunta a unha reunión sobre o PXOM

O goberno local de Lugo emprazou á Xunta de Galicia a unha reunión para abordar a entrada en vigor do 5% do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

PUBLICADA O

- Advertisement -

O goberno local de Lugo emprazou á Xunta de Galicia a unha reunión para abordar a entrada en vigor do 5% do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

Segundo informou, este venres o consistorio recibiu toda a documentación solicitada polo Concello de Lugo á Xunta de Galicia tras a solicitude de inscrición do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) no rexistro de plan de Galicia no mes de xuño.

“Inmediatamente despois, desde a área de Urbanismo trasladóuselle unha posible data para celebrar unha reunión conxunta na que abordar a entrada en vigor do 5% da PXOM”. Ademais, engade que agora está á espera da confirmación por parte do ente autonómico.

En relación ao plan xeral, o goberno local de Lugo defende que esta porcentaxe da PXOM conta con todas as garantías legais en relación á súa aprobación polo que, na súa opinión, debe inscribirse no rexistro galego por parte da Xunta.

+ posts

ÚLTIMAS

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...

A Xunta dá o ‘ok’ ambiental á ampliación dunha granxa avícola en Friol ata case 77.000 pitos

A Xunta deu o visto e prace ambiental á ampliación dunha explotación avícola, ata...