InicioLugo e contornaInterceptan en Lugo un condutor que circulaba sen seguro e drogado nun...

Interceptan en Lugo un condutor que circulaba sen seguro e drogado nun ciclomotor

A Policía Local de Lugo interceptou a un condutor que circulaba nunha motocicleta sen seguro obrigatorio que, ademais, deu positivo en consumo de drogas, en concreto en cocaína.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo interceptou a un condutor que circulaba nunha motocicleta sen seguro obrigatorio que, ademais, deu positivo en consumo de drogas, en concreto en cocaína.

A patrulla da Policía da Unidade Territorial de Barrio parouno o mércores na rúa Ourense e abriulle un expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de seis puntos do permiso de condución. Do mesmo xeito, impúxolle multas de 1.250 euros por carecer de seguro obrigatorio e 200 euros porque non presentaba a ITV no prazo debido.

Por outra banda, na madrugada deste xoves, os axentes déronlle o alto a un vehículo na rolda da Muralla comprobando que o seu condutor presentaba signos de embriaguez.

Como resultado das probas deu positivo en 0,55 miligramos por litro, polo que se abriu un expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de seis puntos do permiso de condución.

INSPECCIÓNS

Tamén na madrugada do día 26, efectivos do Grupo Operativo Nocturno realizaron unha inspección a un local de lecer nocturno na rúa Marina Española por exceder o límite de horario establecido procedendo ao seu desaloxo e levantando unha acta de denuncia por infracción da normativa.

Ademais esta noite, os axentes procederon á identificación dun home de 44 anos que estaba “a gritar e golpeando escaparates” na avenida da Coruña, o cal foi “auxiliado” e trasladado ao HULA en ambulancia. Igual que unha persoa á que asistiron tras inxerir “pastillas e alcol”.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...