InicioSucesosPrisión para tres dos catro detidos en Lugo como presuntos autores dun...

Prisión para tres dos catro detidos en Lugo como presuntos autores dun roubo con violencia nunha gasolineira

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Autoridade Xudicial decretou o ingreso en prisión de tres dos catros detidos en Lugo como presuntos autores dun roubo con violencia nunha gasolineira do arrabalde da cidade.

Segundo informou a Policía Nacional, os feitos sucederon o pasado fin de semana cando catro persoas, no interior dun turismo, chegaron á gasolineira e tres deles baixaron coa cara totalmente tapada, mentres que o cuarto esperounos no coche.

O tres homes dirixíronse á zona de caixa onde, tras mostrar un coitelo “de grandes dimensións e ameazar ao operario”, abriron a caixa rexistradora e “retiraron todo o diñeiro” que contiña. O empregado da gasolineira, cando se viu liberado da ameaza, chamou ao 091 que mobilizou os medios necesarios para acudir ao lugar e solicitar ‘in situ’ as primeiras informacións sobre o ocorrido.

Posteriormente, e en menos de 24 horas, os axentes procederon á identificación e detención dos catro autores, que foron postos a disposición da Autoridade Xudicial que decretou o ingreso en prisión de tres deles.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...