Home Economía Fregonas ‘caídas’ na folga de limpeza en Lugo para reclamar un convenio “digno”

Fregonas ‘caídas’ na folga de limpeza en Lugo para reclamar un convenio “digno”

0
Fregonas ‘caídas’ na folga de limpeza en Lugo para reclamar un convenio “digno”
Concentración de fregonas 'caídas' na folga de limpeza en Lugo para urxir á patronal un convenio "digno". CIG

A folga do sector da limpeza en Lugo comezou a súa segunda semana cunha concentración de fregonas ‘caídas’ para urxir á patronal un convenio “digno”.

Nunha protesta ante o Concello de Lugo na que tiraron as súas fregonas ao chan, denuncian que a patronal quere deixar o convenio por baixo do SMI nun “absoluto inmobilismo”. “Se non asinades, non limpamos”, avisan á patronal.

“Este é un dos convenios máis baixos de toda Galicia. O salario anual dun limpador está 1.800 euros por deajo do Salario Mínimo Interprofesional, e ademais leste é un sector altamente feminizado e con moita parcialidad, o que agrava a precariedade laboral”, denuncia, Asunción Castiñeira, de CIG-Servizos.

Os traballadores preparan unha caravana de vehículos para este martes, 24 de outubro, para percorrer Lugo a partir das 11,30 horas. A marcha sairá desde o edificio sindical.

+ posts