InicioSucesosSete mozos enfróntanse a sancións de 900 euros de multa por...

Sete mozos enfróntanse a sancións de 900 euros de multa por ouriñar na vía pública

A Policía Local identifica tamén a un mozo interceptado na rúa cunha bolsa con cocaína e a un home que triplicaba a tasa de alcoholemia máxima permitida.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo sorprendeu esta pasada fin de semana a un total de sete mozos mentres ouriñaban na vía pública. Enfróntanse a sancións de ata 900 euros por infrinxir a lei galega de residuos.

Segundo consta no balance de incidencias do corpo municipal entre a noite do venres e a do domingo, foron efectivos do Grupo Operativo Nocturno os que interceptaron a estas sete persoas: tres na rúa Fernández Varela, dúas en Pío XII, unha na rúa Catedral e outra na rúa Clérigos.

Por outra banda, a Policía Local localizou a un mozo en rúa Nova cunha sustancia, presumiblemente cocaína, nunha bolsa termoselada. Cando os axentes trataron de identificalo, emprendeu unha fuxida a pé, pero foi interceptado ao momento. O mozo foi trasladado a dependencias policiais para a súa completa identificación e enfróntase tamén a unha infracción á lei de seguridade cidadá.

CONTROIS DAS ESTRADAS

No que respecta ás estradas, a fin de semana a Policía Local chegou a controlar a máis de 2.400 vehículos, dos que 78 foron sancionados por exceso de velocidade. En canto ás alcoholemias, un condutor enfróntase a un posible delito contra a seguridade viaria ao arroxar un positivo de 0,78 miligramos por litro en aire respirado, máis do triplo do máximo permitido. Os axentes déronlle o alto na rúa Salvador de Madariaga e comprobaron que presentaba signos de embriaguez.

Por outra banda, os axentes municipais realizaron a fin de semana un dispositivo especial para o control do cumprimento da normativa de espectáculos públicos, especialmente na zona histórica, cun total de sete locais de hostalaría sancionados.

+ posts

ÚLTIMAS

Polémica en Lugo polos traxes dos Reis Magos: o BNG denuncia un gasto “innecesario” de 2.541 euros

A organización da próxima Cabalgata dos Reis Magos de Lugo, prevista para o 5...

A falta de cociñeiros obriga a cambiar menús en colexios de Lugo: denuncian que se serven pizzas e empanadas

Os comedores escolares constitúen un servizo fundamental para milleiros de familias, non só pola...

A Deputación de Lugo aproba o maior orzamento da súa historia: 155,2 millóns de euros para 2027 co voto en contra do PP

A Deputación de Lugo contará en 2027 co maior orzamento da súa historia, cun...

A Fiscalía de Lugo toma cartas no asunto tras as ameazas de bomba en decenas de centros educativos

A Fiscalía Provincial de Lugo abriu de oficio dilixencias de investigación para esclarecer a...