InicioLugo e contornaA Deputación de Lugo lanza unha nova edición do programa 'Lugo Termal'

A Deputación de Lugo lanza unha nova edición do programa ‘Lugo Termal’

A Deputación de Lugo presentou este venres unha nova edición do programa 'Lugo Termal', que ofrece descontos para tratamentos termais en balnearios da provincia a maiores de 50 anos, cun aumento no investimento e no número de prazas con respecto a anos anteriores.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo presentou este venres unha nova edición do programa ‘Lugo Termal’, que ofrece descontos para tratamentos termais en balnearios da provincia a maiores de 50 anos, cun aumento no investimento e no número de prazas con respecto a anos anteriores.

Así o anunciou, tras a celebración da Xunta de Goberno, a portavoz da Deputación, Pilar García Porto, quen revelou que o investimento destinado ao novo programa será de 91.000 euros; que se incorporará o balneario de Guitiriz ao catálogo de centros termais no que xa figuraban os de Pantón, Pambre e Lugo; e que o número de prazas ofertadas ascenderá de 1.025 a 1.300.

“O que buscamos é favorecer o benestar e a calidade de vida dos veciños e veciñas da provincia, á vez que impulsamos a actividade económica fomentando o turismo termal”, explicou respecto diso Pilar García Porto.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo denuncia “intentos de danar a imaxe” do Arde Lucus

O Goberno local quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade e confianza á cidadanía e...

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

Vilalba Aberta solicita conveniar coa Xunta un centro de día como en Outeiro de Rei

Vilalba Aberta volve tomar a iniciativa ao respecto do anhelado Centro de Día. A...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...