InicioLugo e contornaConcentración en Lugo do SLG pedindo un plan contra a velutina pola...

Concentración en Lugo do SLG pedindo un plan contra a velutina pola súa “expansión incontrolable”

A presenza da velutina, detectada en Galicia este ano en áreas situadas "a máis de 1.000 metros de altura", representa un grave perigo para a "biodiversidade" e especialmente para "o sector apícola".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Ao redor dun centenar de persoas participaron este mércores en Lugo nunha concentración organizada polo Sindicato Labrego Galego (SLG) para esixir á Xunta “un plan de loita” contra a avespa velutina e frear así a “expansión incontrolable” dunha especie que está a causar, denuncian, “grandes cifras de mortaldade”.

“Hai máis de dez anos que temos avespa velutina en Galicia”, denunciou, en declaracións a Europa Press, a coordinador da área de Apicultura e Montes do Sindicato Labrego Galego, Diego Sánchez Agra, antes de precisar que a “estratexia estatal” de loita contra a especie exótica invasora “tampouco se está cumprindo”.

A presenza da velutina, detectada en Galicia este ano en áreas situadas “a máis de 1.000 metros de altura”, representa un grave perigo para a “biodiversidade” e especialmente para “o sector apícola”, explican desde o sindicato.

“O problema vaise a facer cada vez máis grande porque a especie non ten ningún depredador”, subliñou Diego Sánchez Agra, para quen a ausencia de solucións institucionais está a ocasionar “un grave problema ambiental” e “un risco para a saúde das persoas”.

A mobilización, que se desenvolveu sen incidentes, tivo lugar fronte á delegación territorial da Xunta de Galicia en Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...