InicioSucesosDenuncian ao condutor dun tractor con remolque que presentaba irregularidades en matrícula...

Denuncian ao condutor dun tractor con remolque que presentaba irregularidades en matrícula e rodas e sufriu un incendio no paseo do Rato

A Policía Local de Lugo tamén informou doutras intervencións. Así, unha dotación tivo que acudir á Praza da Constitución porque unha nova, que consumira marihuana e cocaína presentaba un comportamento moi agresivo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Policía Local de Lugo instruíu dilixencias de denuncia contra o condutor dun tractor con remolque, que presentaba diferentes deficiencias e irregularidades, e que sufriu un incendio cando circulaba polo Paseo do Rato.

Os feitos ocorreron na tarde deste luns, cando o 092 recibiu un aviso para desprazarse a ese paseo fluvial, xa que se estaba producindo un incendio na parte traseira do remolque dun tractor. O incidente produciuse cando o tractor viraba cara ao paseo desde a estrada LU-530.

O lume foi sufocado coa axuda dun condutor e a intervención dunha dotación de bombeiros. Ao solicitar a documentación do vehículo, os axentes da Policía Local comprobaron que as placas de matrículas do tractor e do remolque non coincidían coas que constan nesa documentación.

Por outra banda, puideron observar que tres das rodas do remolque e unha do tractor non estaban en condicións mínimas para o seu uso, xa que carecían de debuxo, presentaban cortes nos flancos, e mesmo sobresaía un ferro dunha delas. Debido a esas deficiencias, os axentes abriron distintos expedientes sancionadores e procederon á inmovilización do tractor e o remolque.

OUTRAS INTERVENCIÓNS

Por outra banda, a Policía Local de Lugo tamén informou doutras intervencións. Así, unha dotación tivo que acudir á Praza da Constitución porque unha nova, que consumira marihuana e cocaína presentaba un comportamento moi agresivo. A Policía requiriu a presenza dunha ambulancia, que evacuou á moza ao hospital Lucus Augusti, acompañada por unha patrulla.

Así mesmo, a Policía Local levantou acta de denuncia nun local do barrio histórico por infracción da norma de espectáculos públicos de Galicia, ao exceder o límite horario.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...