InicioLugo e contornaLugoMultados 26 coches por non ter a ITV renovada durante o dispositivo...

Multados 26 coches por non ter a ITV renovada durante o dispositivo policial polo mercado da Milagrosa

A Policía Local de Lugo, durante o dispositivo especial polo mercado do Parque dá Milagrosa, levantou o martes 26 expedientes sancionadores ao detectar que outros tantos vehículos non presentaran a tempo a ITV. Os seus titulares enfróntanse a sancións de 200 euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo, durante o dispositivo especial polo mercado do Parque da Milagrosa, levantou o martes 26 expedientes sancionadores ao detectar que outros tantos vehículos non presentaran a tempo a ITV. Os seus titulares enfróntanse a sancións de 200 euros.

Segundo o parte de incidencias do corpo municipal, trátase do dispositivo para proporcionar seguridade no mercadillo, que tamén permitiu impor tres multas, con sanción de 600 euros, por ocupación non autorizada do espazo público para a venda ambulante.

Ademais destas sancións, a Policía Local detectou a un vehículo que carecía de seguro obrigatorio, polo que se abriu expediente sancionador cunha posible multa de 1.500 euros.

Por outra banda, efectivos do Grupo Operativo Nocturno denunciaron na madrugada do martes a un local de lecer nocturno da rúa do Miño, conforme á normativa de espectáculos públicos, porque exercía a súa actividade coas portas abertas, o que facía que emitise cara ao exterior elevados niveis de ruído.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...