InicioSucesosDetidos en Lugo por tráfico de drogas dous homes aos que interveñen...

Detidos en Lugo por tráfico de drogas dous homes aos que interveñen cocaína e dous coches, un ‘caleteado’

A investigación, desenvolvida durante meses, permitiu identificar e deter a estes dous sospeitosos, aos que se lles interveu case medio quilo de cocaína, uns 100 gramos de sustancia de corte, básculas de precisión, diñeiro en efectivo e outros efectos para a manipulación e preparación da droga.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo a dous homes como presuntos autores dun delito de tráfico de drogas, e que supostamente se dedicaba a prover de cocaína a pequenos distribuidores da cidade de Lugo.

Segundo informaron fontes policiais, a investigación, desenvolvida durante meses, permitiu identificar e deter a estes dous sospeitosos, aos que se lles interveu case medio quilo de cocaína, uns 100 gramos de sustancia de corte, básculas de precisión, diñeiro en efectivo e outros efectos para a manipulación e preparación da droga.

Así mesmo, a Policía incautouse de dous vehículos, un deles ‘caleteado’ (cun agocho oculto, ao que se accedía mediante un mecanismo de presión que só coñece o propietario) utilizados para o transporte e a distribución da sustancia estupefaciente.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao Goberno de “non arranxar” a N-624 nin tapar fochancas no polígono de Vilalba

Os senadores do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan...

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

As Africores de Lugo entre as beneficiadas con axudas para o control do rendemento leiteiro

A Consellería do Medio Rural publicou este mércores no Diario Oficial de Galicia (DOG)...