InicioSociedadeO campus de Lugo da USC levará a divulgación científica a municipios...

O campus de Lugo da USC levará a divulgación científica a municipios de toda a provincia con ‘Ciencia á feira’

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, participou este luns na presentación do programa 'Ciencia á feira', co que o Campus Terra da USC en Lugo levará a divulgación científica a través de charlas e talleres a Burela, Muras, Mondoñedo, Friol, Navia de Suarna, O Incio, Pobra do Brollón e Sober.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, participou este luns na presentación do programa ‘Ciencia á feira’, co que o Campus Terra da USC en Lugolevará a divulgación científica a través de charlas e talleres a distintos municipios da provincia. Durante o acto, Rodríguez puxo en valor o “intenso apoio” do Goberno central ao Campus Terra da USC, que se concreta, entre outras cuestións, nunha achega de 13.000 euros para este proxecto

Ademais, aplaudiu a súa intención de achegar a “información científica a todos os sectores, estean máis ou menos familiarizados con este tipo de ensinos, universalizando e permitindo que todo o mundo teña acceso a ela”. O proxecto consiste nunha serie de charlas e talleres que se van a realizar nos concellos de Burela, Muras, Mondoñedo, Friol, Navia de Suarna, O Incio, Pobra do Brollón e Sober, coa intención de achegar temas de interese científico a puntos afastados da Universidade.

Entre os asuntos que se van a desenvolver están ‘Enfermidades transmitidas por garrapatas’,‘Xestión sustentable da auga’ ‘Propagación vexetal e as súas implicacións’. A forma de realizar as actividades é a través de postos e repartindo material didáctico sobre o tema, así como talleres en locais habilitados polos concellos.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...