InicioLugo e contornaO PP de Lugo sinala que o Concello leva unha "deriva financeira...

O PP de Lugo sinala que o Concello leva unha “deriva financeira preocupante”

O goberno municipal acusa a Elena Candia de dar datos "rotundamente falsos"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Partido Popular de Lugo denunciou que o Concello de Lugo está nunha “deriva financeira preocupante” e que hai “unha deterioración significativa das contas públicas”.

Nun comunicado remitido aos medios, a portavoz popular, Elena Candia, asegurou que a conta xeral é unha “imaxe fiel” de como está a economía do consistorio. “As cifras que estudamos neste documento indican que o Concello de Lugo está nunha situación de insostenibilidad económica e que están a tirar de aforros para saír ao paso”.

A dirixente popular considera que PSOE e BNG “suspenden” en xestión económica porque “gastan máis do que ingresan”, “incumprindo a estabilidade orzamentaria”.

“Hai un resultado negativo nas cotas de case 14 millóns de euros”, asegura para indicar que un informe do servizo de intervención faille “32 tiróns de orella ao goberno local, propondo 19 medidas dun plan de acción e 13 advertencias de control financeiro”. Ademais, sinala que o documento sostén que a situación “constitúe un incumprimento dos obxectivos de estabilidade orzamentaria e da regra de gasto”.

A popular asegura que no informe de intervención tamén se apunta a necesidade de aplicar “de inmediato” medidas de corrección na evolución orzamentaria para “evitar situacións de incumprimento en canto desapareza a suspensión das regras fiscais, que podería ser en 2024”.

“En 2022 o Concello de Lugo pagou 191 reparos da legalidade por un importe de 20.633.019,98, o que confirma que unha práctica que debería ser excepcional no Concello de Lugo faise de forma habitual”, denuncia Elena Candia.

Así mesmo, a portavoz popular sostén que os “saldos de dubidoso cobro” desde 2015 ata 2020 “ascendían a 16 millóns” e que “o histórico desde 1998 a 2022 a 34,6 millóns” polo que “solicitará un expediente de depuración de saldos que aclare a situación”. Tamén indicou que hai “provedores preocupados porque non lles pagaron os servizos prestados”. “Estamos a falar de 1.612 facturas gardadas nun caixón”, censura.

O CONCELLO ASEGURA QUE OS DATOS DE CANDIA SON “FALSOS”

Tras as críticas do PP, noutro comunicado remitido aos medios, o concelleiro de Economía Pablo Permuy respondeu á portavoz popular asegurando que os datos ofrecidos por Elena Candia son “rotundamente falsos”. O concelleiro acusou á popular de “tentar enganar aos veciños e aos medios de comunicación” para “desacreditar a xestión do goberno local”.

“O Grupo municipal popular non soubo interpretar os datos económicos da conta xeral de 2022, facendo públicas conclusións erróneas que tergiversan a realidade económica municipal”, indicou. O edil asegura que se trata dun “acto de irresponsabilidade” que “desacredita por completo a Elena Candia como líder da oposición” no Concello. “Esta mañá demostrou que non está á altura da cidadanía e do que o seu cargo esixe”, indica.

ÚLTIMAS

O PPdeG acusa a PSOE e BNG de apostar pola privatización nas residencias de Lugo

O PPdeG acusa a PSOE e BNG dun "modelo privatizador" nas residencias da provincia...

Condenada por trapichear con dous gramos de cocaína en Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano e medio de cárcere a...

Detidos os dous membros dunha parella por agredirse mutuamente en Lugo

A Policía Local de Lugo detivo na madrugada do martes aos dous membros dunha...

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...