InicioSucesosA Policía Local de Lugo denuncia ao propietario de dous cabalos que...

A Policía Local de Lugo denuncia ao propietario de dous cabalos que estaban soltos na vía pública

Axentes da Policía Local de Lugo tamén tiveron que atender a un mozo de 18 anos inconsciente na Rúa Bispo Aguirre tras inxerir grandes cantidades de alcol.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo denunciaron e propuxeron para sanción ao propietario de dous cabalos que estaban soltos na vía pública. Segundo informou, os feitos se produciron sobre as 17.00 horas deste xoves, cando un indicativo da Unidade Territorial de Policía de Barrio trasladouse á Avenida Infanta Elena, pola existencia de cabalos soltos no lugar.

Os axentes observaron que había dous animais, completamente soltos, pastando a un dos lados da vía e invadindo a calzada de forma intermitente. Os policías comprobaron que ambos os cabalos carecían do chip identificativo preceptivo e lograron localizar a quen dixo ser propietario dos animais, aínda que a Policía precisa que carecía de documentación dos mesmos. Nesta conxuntura, confeccionáronse as correspondentes propostas de sanción pola falta de documentación e de identificación dos animais; así como por non adoptar as precaucións necesarias para que os mesmos non poidan invadir a vía pública.

AUXILIO A UN MOZO QUE INXERIRA MOITO ALCOL

A policía tamén informou de varios operativos activados por molestias por ruídos, control de establecementos e de auxilio a cidadáns. Unha desas atencións produciuse este mesmo venres sobre as 2.00 horas, cando axentes do Grupo Operativo Nocturno, que realizaban patrulla preventiva polo centro da cidade, foron informados por varios viandantes sobre un mozo inconsciente na Rúa Bispo Aguirre, onde se trasladaron, comprobando que se trataba dun mozo de 18 anos. Segundo relatou a Policía Local, os acompañantes do mozo tentábano reanimar xa que, segundo explicaron, inxerira “gran cantidade de alcol en pouco tempo”. Así, pediuse a presenza dunha ambulancia do 061, que procedeu ao seu traslado ao HULA.

ÚLTIMAS

Caída de temperaturas con posibles nevadas na montaña de Lugo a partir deste mércores

A Axencia Estatal de Meteorología (AEMET) emitiu un aviso especial por nevadas por baixo...

Detido tras roubarlle o bolso con 200 euros a unha anciá, que tivo que ser atendida no hospital

A Policía Nacional informou da detención en Lugo dun home como autor dun roubo...

Detido por estafas na rede utilizando a identidade de achegados e empregados

A Policía Nacional ha detido en Lugo a un home como suposto autor dun...

Detido en Lugo un home tras un roubo con violencia

A Policía Nacional informou da detención en Lugo dun home, veciño da cidade, como...