InicioLugo e contornaLugoAsinada a cesión dos terreos para a supresión do paso a nivel...

Asinada a cesión dos terreos para a supresión do paso a nivel en Recimil

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, agradeceu a "boa predisposición" dos propietarios e a colaboración dos veciños da parroquia, grazas aos cales o acordo viu luz verde nunha semana.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e os propietarios de tres parcelas en Recimil asinaron na mañá deste mércores a cesión dos terreos necesarios para a supresión dun paso a nivel nesta localidade, no cal recentemente faleceron dous mozos.

Así, o goberno local asume temporalmente a titularidade das propiedades, que serán postas de inmediato a disposición de Adif para que o organismo estatal poida iniciar os traballos de mellora da seguridade na zona.

A firma desta cesión temporal foi a fórmula administrativa elixida para acurtar ao máximo os prazos legais e poder así iniciar a construción dun camiño paralelo á vía, que conectará cun paso inferior situado a 300 metros, tal e como se acordou no encontro a tres bandas entre o Concello, o Ministerio de Transportes e os representantes veciñais o pasado 21 de agosto.

A rexedora agradeceu a “boa predisposición” dos propietarios e a colaboración dos veciños da parroquia, grazas aos cales o acordo viu luz verde nunha semana.

“Desde o goberno local, reiteramos o noso compromiso cos veciños na procura dunha maior seguridade da vía ferroviaria neste punto do noso municipio”, manifestou a alcaldesa, quen dixo que o obxectivo común é “lograr canto antes que o paso poida ser suprimido e que, ao tempo, exista unha alternativa de tránsito que impida o illamento dos habitantes de Recimil e Coeo”.

“Por iso ofrecémonos desde o primeiro momento a facilitar a consecución dunha solución co respaldo veciñal”, apuntou Méndez.

PECHE DO PASO A NIVEL

O peche anticipado do paso a nivel 424/010 levará a construción, por parte de Adif, dun camiño provisional paralelo á vía pola marxe dereita, que conectará este paso a nivel cun inferior situado a 300 metros en dirección norte e que conta coa altura necesaria para o tránsito de vehículos de grandes dimensións.

Esta solución, acordada entre os representantes veciñais e os técnicos do organismo estatal a pasada semana, requirirá pór a disposición de Adif uns cen metros lineais de terreo, xestión para que o goberno local mostrou “a súa máxima colaboración”.

Unha vez cumprido este trámite, estímase que a realización deste camiño provisional poida concluír nun prazo aproximado de dous meses, tal e como informaron os responsables do Adif, segundo explica o Concello de Lugo.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...