InicioLugo e contornaInvestigan un veciño de Rábade por vender na súa tenda unha cruz...

Investigan un veciño de Rábade por vender na súa tenda unha cruz de marfil e ouro

Seis condutores están investigados como autores dun delito contra a seguridade viaria

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un veciño de Rábade permanece investigado por ter á venda na súa tenda unha cruz de marfil e ouro que carecía de documentación. Segundo informou este mércores a Garda Civil, impútase a este home de 30 anos un delito contra a flora, fauna e animais domésticos.

A Benemérita tamén sinalou nun comunicado que un mozo de 20 anos veciño de Vilalba está investigado por un delito de estafa ao ser denunciado polo comprador dun coche que presentaba varias avarías das que o home non quixo facerse cargo. Ademais, a Garda Civil imputa un delito de danos a un home de 43 anos que foi descuberto mentres realizaba na fachada dun edificio varias pintadas que, máis tarde, tratou de cubrir con pintura.

Por último, seis condutores da provincia de Lugo figuran como investigados como presuntos autores de delitos contra a seguridade viaria ao ser descubertos ao volante en estado de embriaguez durante os últimos días.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...