InicioSociedadeA Policía Nacional arresta en Lugo a tres membros dunha banda itinerante...

A Policía Nacional arresta en Lugo a tres membros dunha banda itinerante dedicada ao roubo de vivendas en toda Europa

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional arrestou a tres homes que forman parte dunha banda itinerante dedicada a roubos de pisos por toda Europa e que foron sorprendidos o pasado sábado cando se atopaban no interior dun edificio de Lugo marcando vivendas para asaltalas máis tarde.

Diso informou este mércores a Policía Nacional nun comunicado no que sinala que os arrestos se produciron despois da alerta dun veciño que observou a varios homes manipulando as portas das vivendas no interior do inmoble.

Desprazados ao lugar, os axentes localizaron na planta superior a dous integrantes da banda, que levaban consigo material usado para marcar as vivendas e ferramentas para acceder ás mesmas. As investigacións realizadas levaron á identificación e arresto dun terceiro membro deste grupo no municipio lugués de Sarria.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...