InicioLugo e contornaLugoLugo non ten praia fluvial porque Lara Méndez "desistiu dela", di o...

Lugo non ten praia fluvial porque Lara Méndez “desistiu dela”, di o PP local

Os 'populares' suxiren ao goberno local de Lara Méndez, que teña "máis talante á hora de encaixar as críticas" e insiste en que o Concello debe ser "áxil e dinámico" á hora de aprobar expedientes e licenzas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PP de Lugo tachou de “oportunismo” as declaracións realizadas este xoves polo goberno local en relación á praia fluvial do Miño e afirmou que a cidade non ten este servizo porque a alcaldesa, Lara Méndez, “desistiu dela” no seu momento.

Con iso, os populares cargaron contra as palabras da tenente de alcaldesa, que acusou desta situación ao “bloqueo” por parte da Xunta.

Fronte a iso, o PP local di que hai unha resolución do ano 2016 da CHMS na que se indica que “se declara desistida a solicitude para autorizar a zona de baño no Miño” porque na Deputación de Lugo, onde Lara Méndez era a vicepresidenta, “en cinco anos non achegou a documentación que se lle requiría para este proxecto”.

“Lara Méndez non é crible cando fala da praia fluvial cuxo partido, con responsabilidades no Concello e na Deputación, leva prometendo esta praia desde o ano 2011. Se os lucenses estamos a pasar outro verán máis sen poder gozar dunha zona de baño público no Miño é pola improvisación e a torpeza de socialistas e nacionalistas”, resolveron os populares.

TALANTE PARA ENCAIXAR AS CRÍTICAS

Por outra parte, os ‘populares’ suxiren ao goberno local de Lara Méndez, que teña “máis talante á hora de encaixar as críticas” e insiste en que o Concello debe ser “áxil e dinámico” á hora de aprobar expedientes e licenzas.

É un novo comunicado dos populares despois de que na mañá do mércores censurasen a decisión da alcaldesa de suspender a reunión semanal da xunta de goberno local –que conforman PSdeG e BNG– porque só figuraba un asunto na orde do día.

Posteriormente, o goberno municipal contestaba desmentindo a “parálise” no Concello con datos –tramitou 157 licenzas entre xullo e agosto por case 10 millóns de euros en total– e acusaba á portavoz do PP, Elena Candia, de “populismo” e de non respectar “o dereito dos traballadores municipais a gozar das súas vacacións”.

Xa este xoves, os populares subliñan a súa “oposición responsable” consistente en “denunciar cuestións que redundan no funcionamento do Concello”. Así, reiteran a súa censura á suspensión da xunta de goberno local: “Queremos que se faga o que queda sen facer e para iso precisamos un Concello áxil e dinámico”.

Neste contexto, o PP acusa o equipo de Méndez de “maquillar cifras”, ao contabilizar como trámites urbanísticos cuestións como comunicacións previas de obras. Por iso, o grupo municipal que lidera Candia aclara que no que vai de verán “resolvéronse 39 licenzas de obra maior”, unha “cantidade ridícula” cando hai “case 800 que están gardadas nun caixón”.

+ posts

ÚLTIMAS

Pechado o programa de actividades para o 8M da área de Muller do Concello de Lugo

A área de Muller, Igualdade e Inclusión do Concello de Lugo pechou o programa...

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...