InicioLugo e contornaLugoO Concello de Lugo acusa á Xunta de afrontar a vaga de...

O Concello de Lugo acusa á Xunta de afrontar a vaga de calor sen “habilitar zonas de baño fluvial”

A tenente de alcaldesa, Paula Alvarellos, afeou ao Goberno autonómico "o seu persistente boicot a esta instalación gratuíta que permitiría aos veciños contar cunha alternativa segura para combater as altas temperaturas no Miño".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo denunciou este xoves, a través dun comunicado, que os veciños tiveron que “afrontar a cuarta onda de calor” sen a habilitación dunha zona de baño fluvial, xa que está “bloqueada pola Xunta”.

A tenente de alcaldesa, Paula Alvarellos, afeou ao Goberno autonómico “o seu persistente boicot a esta instalación gratuíta que permitiría aos veciños contar cunha alternativa segura para combater as altas temperaturas no Miño”.

“Dispor dunha instalación que cumpra con esta demanda social é unha prioridade deste Goberno, pero a pesar da vontade política e o investimento dedicado a este fin, atopámonos por segundo ano consecutivo coa oposición frontal da Xunta a facer uso da concesión que temos autorizada no río nun claro intento do Goberno autonómico de torpedear a xestión municipal“, dixo a edil.

Paula Alvarellos cualificou de “lamentable” que “o Partido Popular utilice as institucións á súa antollo co único obxectivo de tentar tapar a transformación como urbe que experimenta Lugo e coa que pretendemos adaptarnos as consecuencias do cambio climático”.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...