InicioLugo e contornaO Concello de Lugo espera seis millóns de euros en 2023 procedentes...

O Concello de Lugo espera seis millóns de euros en 2023 procedentes do imposto de circulación

O Concello de Lugo espera recadar máis de 5,7 millóns de euros en 2023 do imposto de circulación dos 73.187 vehículos rexistrados na facenda local. Segundo datos do Consistorio, estas cifras manteñen ao IVTM como o segundo imposto municipal máis cuantioso, despois do IBI.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo espera recadar máis de 5,7 millóns de euros en 2023 do imposto de circulación dos 73.187 vehículos rexistrados na facenda local. Segundo datos do Consistorio, estas cifras manteñen ao IVTM como o segundo imposto municipal máis cuantioso, despois do IBI.

Así mesmo, a administración lembrou que o prazo de pago voluntario finalizará o 20 de outubro e convidou á cidadanía a informarse sobre as bonificacións, incluíndo aquelas dirixidas aos automóbiles menos contaminantes, que poden reducir ata un 75 por cento a cota do gravame.

Pola súa banda, o concelleiro de Economía e Recursos Humanos, Pablo Permuy, subliñou que “conxuntamente nestas mesmas datas, a Administración local tramita o cobro dos 4.093 aparcadoiros existentes na cidade neste momento”, que suman un importe de 733.768 euros, e aproveitou, ademais, para animar á poboación a domiciliar os seus recibos desde a sede electrónica municipal (www.lugo.gal).

O concelleiro sinalou que este é un procedemento informático que permite aos contribuíntes realizar o trámite de maneira “áxil e sinxela”, sen necesidade de achegar ningún tipo de documentación.

“O único requisito que esixe este sistema é ter un certificado dixital”, explicou Permuy, quen destacou que “o único que hai que facer é asinar unha declaración responsable confirmando a titularidade, ou a autorización do titular, da conta bancaria que se facilita“.

Para que a domiciliación forneza efecto, esta debe realizarse con dous meses de antelación ao comezo do período voluntario de pago, polo que, en caso de facerse agora, tería aplicación para a próxima etapa impositiva.

+ posts

ÚLTIMAS

Unha colisión entre unha furgoneta e un camión deixa un ferido atrapado en Castro de Rei

O condutor dunha furgoneta resultou ferido este venres nun accidente de tráfico rexistrado na...

Candia recibe o Cónsul Xeral de Portugal en Galicia para abordar novas vías de colaboración con Lugo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Turismo e Museos, recibiu...

O antigo colexio do Sagrado Corazón xa é dos lucenses trala sinatura hoxe da acta de expropiación

O antigo colexio do Sagrado Corazón volve ser desde hoxe dos lucenses. Desde as...

Lugo formaliza a ocupación dos terreos para o novo centro de saúde do Sagrado Corazón

O proxecto para construír o novo centro de saúde do Sagrado Corazón, en Lugo,...