InicioPolíticaA deputada do BNG Olalla Rodil reivindica a sanidade pública presentando á...

A deputada do BNG Olalla Rodil reivindica a sanidade pública presentando á súa filla

"A sanidade pública merece que pelemos moito por ela, e por ti tamén Adriana", conclúe Rodil nun tuit.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A deputada do BNG Olalla Rodil informou a través do seu perfil de Twitter de que foi nai e tivo unha nena que se chama Adriana.

“Benvida, filla!”, trasladou a parlamentaria de Ribeira de Piquín, quen recibiu numerosas felicitacións de numerosos compañeiros do BNG e tamén doutras formacións políticas, como os populares José Manuel Balseiro e Elena Candia, ou as socialistas Noa Díaz e Mercedes Rosón.

“Estamos ben e inmensamente felices. Grazas ao persoal do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) e sobre todo ás matronas, Silvia e Paula, que nos atenderon no parto e a toda a xente que nos coida estes días”, transmitiu.

“A sanidade pública merece que pelemos moito por ela, e por ti tamén Adriana”, conclúe o seu tuit.

ÚLTIMAS

Scania busca persoal para o taller que abrirá no Polígono das Gándaras

Scania chega ao Polígono As Gándaras, lugar no que poñerá en marcha un novo...

Cortes ata o 4 de decembro na calzada esquerda da A-6 sentido Madrid por melloras

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable continúa coa execución das obras de rehabilitación estrutural...

Falece un cazador de 55 anos en Cospeito tras ser picado por velutinas

Un home de 55 anos de idade que responde as iniciais J.I.P. faleceu a...

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...