InicioMedioambiente e PatrimonioMáis avances no estudo da necrópole medieval de Combarro, en Mondoñedo

Máis avances no estudo da necrópole medieval de Combarro, en Mondoñedo

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, destacou este martes o compromiso do Goberno coa investigación, conservación e posta en valor do patrimonio histórico lucense, cun investimento de 154.000 euros para realizar os traballos arqueolóxicos de escavación da necrópole medieval localizada no lugar de Combarro, na parroquia de San Vicente de Trigás.

PUBLICADA O

- Advertisement -

subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, destacou este martes en Mondoñedo o compromiso do Goberno coa investigación, conservación e posta en valor do patrimonio histórico lucense, cun investimento de 154.000 euros para realizar os traballos arqueolóxicos de escavación da necrópole medieval localizada no lugar de Combarro, na parroquia de San Vicente de Trigás.

Estas actuacións, financiadas con dúas axudas do Ministerio de Ciencia e Innovación á Universidade de Santiago de Compostela (USC), están a permitir desde o 1 de agosto que un equipo de expertos e profesionais documenten as condicións e o estilo de vida desta zona da Mariña durante a época medieval.

Isabel Rodríguez desprazouse ata Mondoñedo para coñecer in situ os avances da investigación, acompañada do alcalde do municipio, Manuel Otero; o coordinador do proxecto e profesor en arqueoloxía medieval na USC, José Carlos Sánchez; o arqueólogo municipal, Abel Vigo; e o propietario dos terreos, Miguel Chao, ademais dos especialistas en arqueoloxía, antropoloxía e historia medieval que están a traballar na necrópole.

A representante do Executivo na provincia subliñou a importancia destas investigacións “para promover o coñecemento e a reflexión sobre a nosa historia como forma de profundar na cultura galega“. Igualmente, destacou o valor desta actuación, cuxo impulso “pon de manifesto a sensibilidade do Goberno pola recuperación de vestixios da historia da provincia de Lugo, neste caso a través dun xacemento que vén deixar constancia da importante presenza e actividade feudal neste territorio“.

O equipo interdisciplinar que desenvolve os traballos presentou á subdelegada o progreso nesta primeira fase do proxecto. A actuación en Combarro permitirá determinar a área da necrópole e documentar parte do conxunto funerario para, en futuras fases do programa, poder coñecer como eran e como se relacionaban estas persoas. O conxunto funerario obxecto de estudo é do século IX e atópase nunha zona moi extensa, que se compón de diferentes espazos, centrándose estes días nas sondaxes de tres zonas de análises: o interior da leira, o exterior e a parcela ao carón.

O terreo está actualmente cuberto de vexetación que naquel momento non existía, pero a escavación permitiu aflorar dúas tumbas na propiedade de Miguel Chao, unha infantil, en moi bo estado de conservación; e outra dunha persoa adulta, deteriorada polo progresivo paso do tempo. Nestes días iniciarase o proceso de apertura das tumbas para coñecer as condicións que presentan os restos óseos.

Por outra banda, fóra do solar, os profesionais levaron a cabo dúas sondaxes nas que acharon unha posible zona de ocupación previa ao cemiterio, entre os séculos V e VII, con varias pezas de cerámica. A intervención completarase esta semana para determinar as estancias do devandito xacemento. Unha vez finalizado o traballo de campo, todos os restos recuperados se levarán a un laboratorio para ser analizados e documentados.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...