InicioSociedadeO Concello contrata a mellora da iluminación do Parque de Rosalía en...

O Concello contrata a mellora da iluminación do Parque de Rosalía en clave de “aforro enerxético” e “perspectiva de xénero”

Trátase de evitar 'zonas escuras' que poidan supoñer un risco para as mulleres.

PUBLICADA O

- Advertisement -

goberno de Lugo informou de que se procederá a contratar a mellora da iluminación do Parque de Rosalía “con criterios de aforro enerxético e perspectiva de xénero“. A obra, que suporá un investimento de 162.073 euros, será adxudicada a empresa Hallmann Energie S.L. na xunta de goberno que se celebra este mércores na Casa Consistorial.

Así o anunciou a alcaldesa, Lara Méndez, quen enmarcou esta actuación dentro do programa Edusi-Muramiñae, cofinanciado ao 80 % con Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional. “Co fin de avanzar na conservación e coidado deste enclave único da cidade, levaremos a cabo a renovación e adecuación da instalación existente. Os traballos inclúen a actualización de luminarias, canalizacións, centros de mando e demais compoñentes“, explicou.

Con este paso, aspírase a incrementar a eficiencia enerxética da iluminación pública nos espazos que dan servizo á pista de patinaxe, á caseta de xardinaría, ao mapa, e o estanque, entre outras localizacións. “Entre os obxectivos desta intervención está pór en valor emprazamentos singulares do parque, considerado unha contorna de protección patrimonial, de forma que conviden ao uso cidadán do espazo público e revertan directamente nunha maior seguridade desde a perspectiva de xénero, xa que se colocarán tamén novos puntos de reforzo para evitar zonas consideradas escuras“, dixo Méndez.

“As localizacións actuais, iso si, respectaranse de forma que, tras a limpeza das columnas e brazos existentes, cun alto valor decorativo e que pretendemos conservar, levarase a cabo a súa restauración correspondente, substituíndo a tecnoloxía de iluminación antiga por outra máis moderna e eficiente”, remarcou. Finalmente, apuntou que, co fin de evitar actos vandálicos nos centros de mando, estarán protexidos fronte á manipulación de persoas alleas.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

A Deputación destina 70.000 euros para mellorar a mobilidade en Negueira, O Vicedo e Muras

A Deputación de Lugo anunciou estes venres novos investimentos por un importe conxunto que...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

A Deputación contará con dezaseis novos empregados públicos que xa tomaron posesión

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, deu este venres a benvida a...